Cara o ciberestado de sitio


A filtración do documento ACTA, cuxo obxectivo é o recorte das liberdades en internet, non é mais que outro capituliño na loita dos gobernos e as corporacións privadas para acadar o estado de sitio cibernético.

A disparatada presidencia española da Unión Europea non fai mais que ensombrecer o siniestro panorama. Na recente interpelación feita aos países membros mixtura merluza con robaliza, equiparando a pederastia co simple copieteo de cedés, considerando internet un instrumento de retroceso social:

la realización de actividades delictivas mediante el uso de Internet tiene una particular incidencia y trascendencia en el caso de la pornografía infantil, así como en la propagación de ideas xenófobas y racistas y en la vulneración de la propiedad intelectual, conductas que, desgraciadamente, no se comprueba que disminuyan“. El proselitismo y difusión de ideas racistas y xenófobas ponen en duda y socavan “los valores democráticos en los que se asienta nuestra sociedad, haciendo de Internet un instrumento de retroceso social” (Fonte).

Os gobernos e as empresas téñenlle posto o ollo enriba a internet, o mais exitoso proxecto de colaboración cidadá da historia da humanidade e unha poderosa ferramenta de educación e difusión da cultura. ¿Por qué algo habería de ser gratis se eles o poden cobrar? ¿Por qué habería de ser libre se eles o poden controlar?

Fai puoco o presidente de Telefónica anunciou que as operadoras deberían cobrar a Google unha tasa, o que ven sendo como que Autopistas do Atlántico cobre ao Corte Inglés unha mordida polos clientes que viaxan de Pontevedra a Vigo a facer as súas compras. E o ministro de industria lle da a razón. Paga a pena escoitar os desatinos de Alierta, o amigo do alleo, para a súa futura inclusión na historia universal do latrocinio. “La inteligencia está en la red, y las redes son nuestras“.

La calle es suya:

Advertisements

5 Comentarios

  1. Febreiro 27, 2010 ás 18:34

    Teñen terror, teñen un terror infernal á rede democrática, á circulación libre de ideas, creación e coñecemento. Están afeitos a mandar en todo, a controlar todo e a estafar impunemente a que lles veña en gana.
    Sinten que se lles vai a cousa das súas gadoupas e perden o control de si mesmos, esquecendo o deber e a conveniencia de aparentar un comportamento democrático.

  2. iesounonies said,

    Febreiro 28, 2010 ás 01:10

    Alierta á a repera: con ese tono chulesco (parece coma se tivera tomado unhas copiñas de mais) dí que no só quere cobrar por terlle contratada unha liña telefónica: ademais tamén quere cobrar polo que dis ao teléfono. Por exemplo, se falas sobre mecánica cuántica cobra tanto, se falas sobre literatura, tanto, se falas sobre peidos, tanto outro. O que está plantexando é que se debata sobre a neutralidade en internet. Vaia un caradura. Nesas condicións internet interésame o mesmo que a televisión. Ou sexa, nada.

  3. Couselo said,

    Febreiro 28, 2010 ás 01:41

    Que risa, o que hai que oír por non ser xordo. Non me podo crer que un alto executivo fale dese xeito, coma lles vaia contar aos Europeos o que conta aquí ao mellor o ovo de Colon tíranllo a el.

  4. Febreiro 28, 2010 ás 02:56

    Aclaro que non escoitei as declaracións do elemento que sae no vídeo, nin penso escoitalas.

  5. iznogoud el infame said,

    Marzo 2, 2010 ás 22:09

    Cda vez teño máis claro que estamos nun estado plenamente ñdemocrático. aquí calquera pode chegar a controlar unha gran empresa, un estado ou o que sexa, e a mostra a temos en individuos como este que, ademais xa nin se molestan en disimular quen son e que pretenden.
    Mentres, a sociedade durme e disfruta dos seus felices soños


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: