Arte blasfema


A Universidade de Granada tivo o atrevemento de abrir unha exposición titulada “Circus Christi”, de Fernando Bayona. Na exposición descontextualízanse personaxes do Evanxelio: por exemplo, a Virxen é unha prostituta, Cristo é gay e morre nun accidente de tráfico e a presentación no Templo ten lugar nun prostíbulo. A galería de fotos pódese ver aínda aquí, e o blog do autor garda por agora comentarios sobre ela aquí.

Tras abrir a exposición o autor decidiuse a denunciar as amenazas de morte recibidas e a Universidade de Granada optou por clausurar a exposición polas protestas de diversos sectores. A exposición foi visitada por 38 persoas. Supoñemos que ningún deles foi obrigado.

A plataforma cidadá ultraconservadora HazteOir foi unha das impulsoras das protestas, e celebra a súa fazaña: pódese comprobar nos enlaces que reproducimos ao final deste post (1).

Visto o sucedido en Granada é imposible non caer nas redes da ley de Godwin, e lembrar o concepto de “arte dexenerada” (Entartete Kunst) acuñado polo nazismo para clasificar toda expresión artística que escapara aos principios estéticos nacionalsocialistas. No ano 1937, en pleno nazismo, abriuse en Múnich unha exposición co mesmo nome (Entartete Kunst), onde de xeito desordeado e ridiculista amoreáronse para público escarnio obras de, entre moitos outros, Grosz, Chagall, Ernst, Klee, Mondrian, Munch, Kandinsky ou Kokoschka, por citar aos artistas hoxe mais coñecidos. O valor estético da exposición (do monetario xa nin falamos) sería hoxe incalculable. Daquela a ignorancia atávica dos xerarcas nazis só lles puido dar un valor estético negativo e de dudoso sentido pedagóxico: mostrar a ameaza que supoñía para a pureza do espírito ario e a grandeza do Reich a arte da brillante vangarda centroeuropea de entreguerras. Comézase pechando exposicións e remátase na dictadura.

No vídeo, os xerarcas e seguidores da agrupación de extrema dereita FaimeRir visitan a exposición de Fernando Bayona:

Información atopada en Escolar.net.

(1) Por razóns hixiénicas este blog no enlaza páxinas de HazteOir. Poden copiar e pegar as correspondentes URLs se desexan consultalas. Campaña de HazteOir para pechar a exposición: http://www.hazteoir.org/node/28050 ; HazteOir celebra a clausura da exposición: http://hazteoir.org/node/28128 .

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: