Boca abaixo


Segundo Diario Información, o director do instituto de Monforte del Cid (Alicante) ven de recibir unha sanción de vinte días de inhabilitación por permitir colocar boca abaixo o retrato do conselleiro de educación, Alejandro Font de Mora, retrato invertido ao que se lle engadiu a apostilla “persona non grata” (unwelcome person). Todo ocorreu no contexto das protestas pola impartición de Educación para a Cidadanía en inglés, brillante idea dos lexisladores valencianos para boicotear a asignatura e que foi rexeitada polo tribunal correspondente, tal e como informamos no seu día.

Deixando a un lado o proceder, adecuado ou non, do director do IES, hai que ver qué puoco sentido do humor teñen algúns. En todo caso, quedámonos coa lección aprendida: por darlle a volta a unha foto pode un recibir unha sanción, pero por poñer patas arriba unha Consellería non lle pasa nada. Dende aquí, sensibles como somos ás cuestións das linguas na aula, solidarizámonos co director con esta microprotesta fotográfica poñendo o retrato de Jesús Vázquez boca abaixo:

zǝnbzɐʌ snsǝɾ

Noticia atopada en Menéame.

Advertisements

1 comentario

  1. Febreiro 17, 2010 ás 23:40

    Parece un chuletón.
    Volta e volta ou o quere máis pasado?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: