Epidemia de medo


Ao final o da Gripe A resultou ser un lucrativo negocio, unha estafa de alcance global na que se viron involucrados a OMS e os ministerios de sanidade de ducias de países. Se ben os epidemiólogos levan anos advertindo que toca xa outra epidemia mortífera de gipe equivalente á coñecida gripe de principios de século XX, parece que non foi desta volta, nin da anterior.

créditos: el roto

Para os centros de ensino galegos o Sergas e a Consellería de Educación estableceron unha aplicación (o Rexistro de ausencias) que debía ser cumplimentada diariamente (algo, por certo, case imposible) e que no meu centro foi sustituída por un reconto de faltas a cargo dos propios rapaces. Varios kilos de papel despois e tras moitas horas perdidas o protocoliño interno foi suspendido ante a falta de éxito da pandemia.

Para os conspiranoicos e os partidarios da Doutrina do Shock o conto chino da Gripe Cochina non foi mais que outro ensaio xeral cara ao dominio mundial das conciencias. Para todos, un capítulo mais na historia dos nosos sustos e unha memorable perda de tempo.

¿Para qué tanto medo? A alocución radiofónica de Orson Wells, ou o clarividente libro de George Orwell outorgan unha dimensión política ao terror: o mesmo que te regala o medo é o que logo te vende a seguridade. Nós, o rebaño desconcertado (como lle chamaba Walter Lippmann) buscaríamos a protección do mesmísimo lobo, se fora necesario, cando nos atopáramos aterrorizados. Na manufactura dos estados de pánico colectivo os medios de comunicación de masas son imprescindibles, en estreita colaboración cos gobernos e coa predisposición da opinión pública, ansiosa dunha paz definitiva que nunca chega pero que sempre se desexa.

Se as sociedades preindustriais organizaban (e inmunizaban) o medo en torno á relixión, hoxe o papel correspóndelle á ciencia: no caso que nos ocupa, é a clase médica a reveladora dos arcanos da apocalipse final. Cada época ten o seu medo como cada época ten os seus guardiáns.

A terapia, supoño, pasa por aceptar que aquelo co que se nos ameaza é inevitable: o mal, a enfermidade, a morte, o fracaso da vida, son o destino final sempre, con ou sen guardián que nos protexa del.

créditos: el roto

Advertisements

2 Comentarios

  1. iznogoud el infame said,

    Febreiro 13, 2010 ás 15:56

    0 que máis aterroriza deste medo é que as vitimas son escollidas ao azar. É a práctica dos rexímenes de terror. non eliminan adversarios poíticos senon que eliminan xente ao azar, xente que logo é difamada para que todo o mundo pense que “algo farían”.
    Pois si, parece que a nova tecnica é a inevitable pandemia. Por unha parte existen grupos de risco, pero sempre hai casos de afectados que non entran nesa clasificación. Ou sexa, se fas algo ou eres algo pode tocarte, pero non facelo ou non selo tampouco te libra de nada.

    E a ver como facemos para evitalo.

  2. Febreiro 14, 2010 ás 01:05

    Para a venta dos stokcs de Tamiflu creo que o éxito foi soamente parcial, e aínda quedan nas tendas miles de frasquiños de desinfectantes das mans sen expectativas de seren vendidos.
    O Experimento de Control Global da Humanidade Enteira (GCWMT “Global Control of Whole Mankind Test”) resultou, polo contrario, un enorme éxito.
    Non sei cal dos dous foi o obxectivo consciente da conspiración, pero o que si funcionou, superando toda realidade e toda ficción anterior, foi o segundo.
    Intentos de GCWM houbo sempre, pero agora os medios tecnolóxicos fano posible a un nivel xamais visto, só se salvan as tribus non contactadas e outros poucos espíritus libres. Prácticamente todas as institucións políticas foron cómplices.
    Se acaso queda alguén que aínda tema non ás pandemias inventadas e demáis trucos de maxia, senón ao GCWM, ten á súa disposición o espíritu libre e, en maior ou menor medida, o acceso que nos é permitido, de momento, a eses medios tecnolóxicos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: