Novus Ordo Seclorum


Anxo Lorenzo, eminencia gris que está tralo do novo decreto de normalización, teno moi claro. Nunha das súas últimas intervencións públicas explica que el trata de “facer real unha utopía“.

Acabáramos: trátase dunha utopía, un Novus Ordo Seclorum que pretende cambiar as nosas vidas para sempre. Coma tódalas utopías, rematará en desastre.

Prepárense entón, porque da cabeza deste iluminado pode saír case calquera cousa. Por exemplo, na mesma intervención pode defender ideas incompatibles:

Anxo Lorenzo reiterou a necesidade de derrogar o decreto do galego aprobado polo bipartito porque, segundo explicou, nos últimos anos “houbo un fortísimo debate lingüístico na sociedade galega que segue aí“. (…) Finalmente, Lorenzo apelou a pechar “canto antes un conflito lingüístico que nunca existiu a este nivel de debate público e político“.

Hai conflito ou non hai conflito? Ex contradictio quod libet.

Advertisements

1 comentario

  1. iznogoud el infame said,

    Febreiro 3, 2010 ás 23:57

    A miña dúbida é:
    O seu nivel de iluminación o leva ao descontrol mental, ou ben a dinámica de mentiras na que están inmersos os leva a perder absolutamente o respecto pola súa propia persoa?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: