Ritualismo burocrático


O sociólogo K. Merton definiu o ritualismo burocrático como aquela situación na que “a observación rigurosa das normas interfire coa consecución dos fins da organización”. Como extremo patolóxico Merton cita ao clásico funcionario que por ser tan puntilloso nos procedementos é incapaz de realizar a súa tarefa.

Para Merton o ritualismo burocrático é unha forma de adaptación consistente nun desplazamento dos medios cara ós fins: o burócrata, entendendo que a cadea de medios é garante da consecución duns fin socialmente desexables, absolutiza aqueles en detrimento destes. A proceso de adaptación ritualista burocrática nace da necesidade das sociedades desenvolvidas de contar cunha administración eficiente e cuns funcionarios que manifesten elevados graos de conformidade, método e disciplina. Pero a tumoración de tales virtudes produce o efecto contrario ao desexado: en palabras de Merton, “os mesmos elementos favorables á eficiencia en xeral son a causa da ineficiencia nos casos particulares”. E así a daptación ritualista, inicialmente útil para a sociedade, vólvese ineficaz, pois non é quen de adaptarse aos cambios repentinos do contexto.

En numerosas ocasións tense criticado a deriva ritualista no ensino. Atrévome a dicir que os profesores exercemos un cego ritualismo burocrático sobre o alumnado, ás veces de xeito notablemente cruel, e sen que os propios alumnos sexan conscientes, coma unha parte mais do seu nutrido currículum oculto. Ese mesmo ritualismo é tamén perceptible nas relacións entre docentes e entre os docentes e a propia Administración.

Podo dicir que as veces que mais satisfeito me sentín como funcionario foron aquelas nas que, alegremente, saltei procedementos, esquecín reglamentos e forcei interpretacións legais só para conseguir que se acadaran aqueles resultados que, sendo desexados pola norma, a norma mesma facía imposibles.

Supoño que a cara oposta de todo isto atópase na conducta adaptativa do que, indiferente ou ignorante de tódolos fins desexables, non deixa tras de sí outra cousa que un longo rastro de árbores mortas e a triste sensación de ser carteiro no decorado dunha película do oeste.

Papeleo amoreado nunha oficina de Bucarest (Rumanía).

Advertisements

2 Comentarios

  1. iznogoud el infame said,

    Xaneiro 28, 2010 ás 16:17

    O desorde é inimigo absoluto da burocracia. A persoa desordenada pasa de papeis intermedios porque sabe que os vai perder e, para iso, mellor nin facelos e tirar polo camiño do medio
    Desde logo, que non se lle ocurra traballar nunha notaria ou nun arquivo, pero nonutros lugares pode resultar moito máis eficaz e vital.

    como mola!!

  2. prrr said,

    Xaneiro 28, 2010 ás 22:26

    Me ha venido a la memoria, no sé por qué, la historia de Bartleby, el escribiente, esa persona “pálidamente pulcra, lamentablemente respetable, incurablemente solitaria”, que nunca daba un palo al agua, y que se quedó a vivir en la oficina hasta que lo echaron, y que terminó muriendo de hambre simplemente porque no le apetecía comer.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Bartleby,_el_escribiente


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: