Zas, en toda la boca


Comunicado da Consellería no día previo á folga dos profesores:

A Consellería de Educación recórdalle a todos os pais e nais que teñen dereito a mandar os seus fillos a clase (…) Por outra banda, desde a Consellería de Educación recórdase que a folga non se organiza en favor de ningunha reivindicación salarial ou profesional, senón como un acto partidista e programado contra as bases do decreto do plurilingüísmo, mesmo antes de que estas se coñeceran, e a pesar de que están sometidas ás valoracións que se fagan desde a comunidade educativa.(…)

En efecto, a folga non se organiza para pedir mais cartos, ou menos horas de traballo, ou mais privilexios: organízase por unha cuestión de principios. Se fora certo, como dí a Consellería, que a folga tivo só un seguimento do 50%, deberían estar preocupados, porque significa que a metade dos docentes do ensino público son quenes de perder un día do seu salario por unha cuestión de principios. E se fora certo, como dín os convocantes, que a folga foi do 90%, deberían estar mais preocupdos ainda.

En resume, no millor dos casos deberían estar preocupados.

[edited]

Advertisements

3 Comentarios

  1. Baraka said,

    Xaneiro 22, 2010 ás 10:12

    O triste é que a min, e a moitos compañeiros e compañeiras da concertada, os sindicatos deixáronnos sen cobertura legal para exercitar o noso lexítimo dereito á folga. Logo dirán que non nos mobilizamos. Será polo debate escola pública – concertada – privada?… si é así penso que é outro debate. A lingua está por enriba de esto e é patrimonio de todos. Si é unha cuestión de estratexia política, porque é certo que nalgúns centros da concertada poden existir presións, e querían ter unha boa estatística entón é que poñen os seus intereses por enriba da lingua e os intereses dos traballadores. Dende CCOO botábanlle a culpa a CiG e dicían que fixeramos unha folga á xaponesa… (jajajaja….) en fin unha chapuza.

  2. iesounonies said,

    Xaneiro 22, 2010 ás 20:35

    Tes toda a razón. Tampouco convocaron ao persoal de administración e sevizos.

    Quero pensar que foi para ten unha estatística mais favorable (é evidente que se entrara tamén a concertada as cifras globais de participación baixarían). En todo caso, non podo compartir a decisión das centrais sindicais, posto que as cifras poderían darse desglosadas.

  3. iesounonies said,

    Xaneiro 23, 2010 ás 19:25

    E mais tendo en conta que o rexeitamento do predecretiño suscita un consenso tan amplo: ata a patronal dos centros católicos pide un reforzo lexislativo para lingua galega:

    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/colegios/catolicos/rechazan/decreto/reclaman/gallego/elpepuespgal/20100123elpgal_3/Tes


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: