Children see, children do


Atopado por ahí, perdido na rede, o anuncio que incrusto mais abaixo pode ser empregado na clase de Filosofía de primeiro de bacharelato para explicar, en pouco tempo, o significado do concepto de socialización.

É unha mágoa que cando os alumnos (os humanos, en xeral) están capacitados para comprender o concepto de socialización primaria a súa socialización primaria xa esté rematada: están, precisamente, en plena socialización secundaria.

Pero ese é o obxectivo evolutivo da socialización primaria, tal e como ensina a socioloxía: transmitir a cultura (a taditio, a tradición, o traído) o mais intacta posible. A perpetuación da especie depende diso. O que serve para dar continuidade á grandes cousas (a linguaxe, a arte, a organización social) e a pésimas ideas (a violencia e a dominación, a SGAE, as cancións de King África).

A capacidade dos rapaces para aprender como esponxas é o alicerce desa socialización primaria, unha forma de aprendizaxe dende o baleiro, tan rápida e eficaz como acrítica. A secundaria, vicaria da anterior, é só unha actualización e posta ao día, unha aprendizaxe dende o xa sabido, mais lenta e crítica.

O que mais me fascinou sempre da socialización primaria é o esquecemento que a acompaña, chamado técnicamente amnesia infantil: do noso periodo de mais intenso aprendizaxe, onde se asentan os coñecementos mais determinantes (a lingua materna, os usos sociais, os prexuizos mais arraigados, todos eses saberes que empregaremos ata que morramos) apenas lembramos nada. Nunca o esquecer e o aprender estiveron tan xuntos como durante a nosa infancia: e é así como sabemos algo, pero non sabemos que o sabemos porque esquecimos que o aprendimos. O que os sociólogos chaman, mais ou menos, interiorización.

Tal vez sexa o remedio evolutivo que ten a nosa especie para saír adiante: recordar o aprendido pero esquecendo que case todo non é mais que unha mentira imprescindible para seguir vivos.

Advertisements

2 Comentarios

  1. iznogoud el infame said,

    Xaneiro 19, 2010 ás 22:35

    É moi bonito e merecería ser certo, e posiblemente o sexa naquela parte de nos máis primaira, pero non esquezamos en nalgún momento temos a capacidade de escoller, e escolleremos para ben ou para mal. Ahí será onde teña algo que aportar o sistema educativo o o noso entorno social. Non esuqezamos que de entornos familiares e socias terribles teñen saídos grandes persoas, do mesmo xeito que tamén poden sair persoas retorcidas dun entorno amable.
    Temos que potenciar nos nenos o sentido crítico para decidir por si mesmos, e con cpacidade para analizar a realidade.
    ¿Como?

  2. Pelitos said,

    Febreiro 2, 2010 ás 11:04

    ¿No se deja atrás otro factor muy relevante? La disyuntiva entre qué corresponde a lo aprendido o adquirido en esa etapa de socialización primaria y qué parte a lo innato. Esta dicotomía siempre me ha fascinado y no creo que se pueda omitir en esta reflexión sin dejarla incompleta.
    El vídeo es muy bueno.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: