1%


Se tiñan dúbidas acerca dos límites da indixencia intelectual da nosa clase política o pre-decretiño de normalización lingüística debería despexar as súas inquedanzas: en efecto, non hai límites coñecidos.

A solución á imposición do galego nas aulas vai ser estudar inglés: o pre-decretiño prevé un 33% en castelán, un 33% en galego e un 33% ¡en inglés!. Queda esquecido polas autoridades o 1% restante, que supoño que se dará nun idioma non identificado, e que eu propoño que sexa o klingon, unha lingua tan digna coma calquera outra. Tamén, suxiro, se pode dar clase en depende, o noso mais asentado dialecto local.

O novo adefesio pre-lexislativo xa foi alabado por algúns directores galegos, entre outras instancias. Paga a pena recordar, dende logo, que endexamais houbo conflito lingüístico en Galicia ata que o actual clube de doktores frankensteins que gobernan na Xunta tiveron que gañar as últimas eleccións: por unha presa de votos inventaron o problema, e agora pretenden que llo solucionen os Consellos Escolares dos centros. Toda unha mostra dos criterios cos que se traballa nalgúns departamentos da Xunta.

Jesús Vázquez, conselleiro responsable de todo isto e pioneiro do plurilingüismo, concedeu unha entrevista no Faro de Vigo para aclararnos cánto de ben coñece o funcionamento do departamento que dirixe:

Pregunta: ¿Cuántos profesores están capacitados para dar clase en inglés?
Respuesta: Lo tenemos que ver. Existen, pero a lo mejor por múltiples factores y falta de motivación todavía no han dado ese paso.

Existen, pero eles non o saben. Eu mesmo, de feito, sei tocar o violonchelo, pero ainda non din o paso.

Xenio e figura.

Jesús Vázquez, pioneiro.

Advertisements

1 comentario

  1. Xaneiro 13, 2010 ás 23:28

    […] vacacións, mentres andamos de viaxe, o Poder traballa mais que nunca. Este nadal regaláronnos o pre-decretiño plurilingüe. E este nadal outra deposición lexislativa colouse pola cheminea das nosas casas. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: