O Universo Coñecido


Xuntando os coñecementos actuais en materia de astronomía os astrofísicos do American Museum of Natural History elaboraron un dos vídeos mais sorprendentes que teña visto en moito tempo: a ubicación do noso mundo no contexto do Universo Coñecido.

Paga a pena velo en HD, ampliándoo nunha pantalla con boa resolución: “cada satélite, lúa, planeta, estrela e galaxia están representados á escala correcta e na súa posición correcta segundo a millor información da que dispoñemos”.

Coma nos vellos mapas, as rexións non exploradas (antes chamadas Terra Incognita) quedan en negro. E, coma nos vellos mapas, a Terra segue sendo o centro do Universo:

Atopado en Microsiervos. Mais información: eiquí e eiquí.

Advertisements

9 Comentarios

  1. A nai do troiano said,

    Decembro 24, 2009 ás 17:56

    Non é que a Terra sexa o centro do Universo, é que TODOS os puntos do Universo son o centro do seu PROPIO UNIVERSO OBSERVABLE…

    • iesounonies said,

      Decembro 25, 2009 ás 03:53

      Claro. Pero cando antes situábamos a terra no centro era polo mesmo, non?

  2. A nai do troiano said,

    Xaneiro 2, 2010 ás 23:07

    Hay una diferencia bien fundamental: una cosa es que la Tierra sea el centro del universo porque pensemos que el centro es un lugar privilegiado, porque es ÚNICO (como el de una esfera), y otra cosa es que, puesto que todos los puntos del universo son (a gran escala, of course) indistinguibles, hay tantos centros como puntos. Es decir: estar en el centro no es un privilegio, es más bien una tautología, puesto que no puedes evitar estar en el centro de lo que ves.

    No sé si era esto último lo que querías decir: que uno siempre está en el centro de su horizonte de visión. Claro, eso es obvio sobre la Tierra porque “es una superficie esférica” y por tanto, no importa en que punto de la esfera estés, siempre ves un horizonte circular a tu alrededor (idealizando que no haya montalas y demás, claro). Pero para el universo esto implica que no tiene límites, o sea, “bordes”: nadie está situado en “una esquina”.

    Hay un artículo que lo explica muy bien en la Wikipedia en inglés: http://en.wikipedia.org/wiki/Observable_universe

    Me preguntaba por qué en el vídeo las galaxias están agrupadas entorno a un cono de luz, con esas grandes zonas negras en el medio. No me tenía mucho sentido, porque en realidad el universo observable entorno a nosotros tiene que ser una esfera ( y de hecho el fondo de microondas, que es lo más antiguo que vemos del universo, nos rodea totalmente). Pero luego descubrí (puedes ver un mapa mucho más sencillo y con las mismas zonas negras aquí: http://www.atlasoftheuniverse.com/2billion.html) que las zonas negras son las que nos tapa el plano de nuestra galaxia (o sea, la vía láctea) donde la alta densidad de estrellas no nos deja observar bien las débiles galaxias muy lejanas. En resumen: lo que figura en el vídeo es un mapa de los objetos que tenemos claramente localizados a gran escala (porque estoy segura que alguna que otra galaxia por entremedias de la vía lactea seguro que se conoce).

    E “by the way”, que fas ti escribindo no blog cando suponse que estades incomunicados na alta montaña?

    • A nai do troiano said,

      Xaneiro 2, 2010 ás 23:13

      ¿Por qué antes de escribir este segundo comentario el blog decía que esta noticia tenía dos comentarios y ahora sigue diciendo que tiene dos comentarios?

      • iesounonies said,

        Xaneiro 3, 2010 ás 16:05

        Ao millor conta así porque teño os comentarios moderados mentres estou de vacaciones, ou porque non é o mesmo un comentario que unha resposta a un comentario… e estando en Chile non teño moito tempo para averigualo… e non, non escribo dende o monte, senon que deixei as entradas programadas para que se publicaran mentres estou fóra…

        Grazas polas aclaracións. Obviamente, o de que se segue tendo a Terra como centro do universo era unha forma de falar. Digamos que as causas son distintas, pero as consecuencias aparentes son as mesmas, non si?

      • A nai do troiano said,

        Xaneiro 4, 2010 ás 22:26

        Xa sei que era unha forma de falar, pero parecía que o decías con ese retintín dos filósofos tipo “ó final, tanta ciencia para nada…” Pero sí, recoñezo que as consecuencias aparentes son as mesmas.

  3. sobreira said,

    Decembro 10, 2011 ás 01:13

    Como para perderse e ter que localizar o camiño de volta a casa. Se tódalas galaxias son iguais! E tras isto, eu pregúntome: non hai estrelas fóra das galaxias?

    • iesounonies said,

      Decembro 10, 2011 ás 02:46

      unha boa pregunta; supoño que é posible, pero a atracción gravitatoria o fai moi difícil;

      • a nai do troiano said,

        Decembro 28, 2011 ás 11:03

        Por o que eu sei, todas as estrelas se forman dentro de galaxias. Na nosa galaxia se detectan algunhas estrelas, pertencentes ás capas máis externas, o chamado “halo”, onde a densidade de estrelas é moito menor, e por tanto a atracción gravitatoria tamén, que están a “escapar” da galaxia. É dicir, recibiron algún pulo gravitatorio que as apartou da súa traxectoria orixinal e as levou a outra na que, en principio, están a alonxarse da galaxia, e quizáis poidan acabar navegando solitarias polo espacio baleiro… Algo así como cando unha das nosas naves, despois de pasar por xúpiter, gaña enerxía e acabará por saír do sistema solar


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: