Ramanujan na ESO


Unha colaboradora envíanos un artigo de interés:

El Gobierno quiere reducir contenidos en la ESO para atajar el fracaso escolar

El Ministerio de Educación pretende reducir los contenidos del actual currículum de la Enseñanza Secundaria Obligatoria (ESO) para limitar el excesivo número actual de asignaturas y garantizar que los alumnos dominan al término de la etapa los conocimientos más básicos en lecto-escritura y cálculo con el fin de atajar el fracaso escolar.
Así lo anunció ayer en Alicante el director general de Formación Profesional (FP) en el Ministerio de Educación y ex jefe de la alta inspección educativa del Estado en la Comunitat Valenciana, Miguel Soler: “Los aprendizajes imprescindibles de la etapa escolar obligatoria no están definidos con nitidez. Ahí entonamos el mea culpa, hacen falta cambios en el currículum” (noticia completa).

A ver se é certo que a interminable lista de materias dos nosos cativos por fin se reduce, ainda que o dubido, dada a reubicación de persoal que tal cousa suporía.

Que os rapaces que educamos non se volten completamente tolos con tanta asignatura é mostra da súa infinita capacidade de adaptación e proba da nosa incapacidade para racionalizar os recursos.

Un alumno tipo de 3º da ESO ten 13 materias: Bioloxía e Xeoloxía, Ciencias Sociáis e Xeografía e Historia, Educación Física, Educación Plástica e Visual, Física e Química, Inglés, Español, Galego, Matemáticas, Música, Atención Educativa (ou a súa alternativa Relixión), Tecnoloxía e Segunda Lingua Estranxeira.

Un alumno de 2º da ESO pode superar con creces ese número: todas as de segundo (12 materias), mais as que teña pendentes de primeiro. Poñamos que ten 10 asignaturas pendentes (situación nada extravagante): en total estará matriculado en 22 materias nun só curso. Iso supera con creces o número de materias dun ano universitario.

¿Fracaso escolar? Habería que ser un Ramanujan para superar un curso coma ese.

Srinivasa Ramanujan (1887-1920), o mais grande matemático
que xamais estudiou matemáticas.

Advertisements

2 Comentarios

  1. iznogoud el infame said,

    Decembro 3, 2009 ás 16:09

    Evidentemente, o matemático que citas tería unha intelixencia fóra do común. Pero, ademáis, a diferencia do noso alumnado, seguramente na súa nenez non sufriu un sistema educativo que te embota a mente e que consigue divorciar totalmente os contidos académicos coa realidade, a lóxica e o sentido común.

  2. Juan said,

    Setembro 21, 2010 ás 13:37

    Estou completamente seguro de que Ramanujan incrmentaría as listas do fracaso escolar no noso sistema educativo. Sería moi brillante en matemáticas gracias ao desenvolvemento da parte dereita do seu cerebro; o cal normalmente vai asociado a unha debilidade no lado dereito o que provocaría unhas malas cualificación na área de linguas. Resultado: Tres suspensos tódolos anos con tres ou seis pendentes de anos anteriores. Non acadaría o título da ESO.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: