A pregunta sen resposta


Non creo que tivera mais de doce anos a primeira vez que escoitei The Unanswered Question (A pregunta sen resposta) de Charles Ives.

Moito tempo despois lin a Kant, ese pensador tan maltratado pola cultura popular.

Kant, e tal vez tamén Ives, transmitiunos unha mensaxe moi simple, pero difícilmente asumible incluso para o desarranxado ser humano contemporáneo: estamos programados para facer preguntas, pero non para atopar todas as respostas.

Berstein describe a obriña deste xeito:

Ives asigna a «pregunta» a un só de trompeta, que a entoa seis veces por separado. E cada vez que a da, chega unha resposta ou tentativa de resposta, por parte dun grupo de madeiras. A primeira resposta é moi indefinida e lenta; a segunda un pouco mais rápida, a terceira ainda mais rápida, e para o momento en que se da a sexta é tan rápida, que parece un salvaxe rosmar. As madeiras —que disque representan as nosas respostas humanas— medran en intensidade, cada vez mais impacientes e desesperadas, ata perder todo o seu significado. E durante todo ese tempo, dende o mesmo inicio certamente, as cordas estiveron tocando a súa propia música por separado, infinitamente suave, lenta e sostida, sen xamais trocar, sen nunca intensificarse para ser mais forte ou mais rápida, sen nunca verse afectada de ningún xeito por esa extrana pregunta nen polo diálogo entre a trompeta e as madeiras.

Bernstein, 1967

The Unanswered Question, de Charles Ives.

Atopado en Aula de Filosofía.

Advertisements

1 comentario

  1. Febreiro 3, 2010 ás 23:29

    A resposta é 42 (Douglas Adams, 1979)

    http://en.wikipedia.org/wiki/Douglas_adams


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: