O Ministerio de Andares Parvos


Pronto veremos un novo Decreto de Normalización Lingüística en Galicia, que afectará sen dúbida ao ensino. Aínda non fixo efecto a aspirina e xa estamos tomando outra menciña.

LGE, no 1970. LODE, no 1985. LOGSE, no 1990. LOEPEG no 1995. LOCE no 2000, paralizada polo Real Decreto no 2004. LOE no 2006. Sen mencionar as universitarias, esas son as sucesivas leis de reforma educativa do estado: unha cada aproximadamente seis anos. Poderíamos sumarlle os regramentos, as ordes, as resolucións, as instrucións e as circulares que lle siguen. Cortopracismo en estado puro.

Agora entérome (coitado de min) de parte da historia que rodea a materia chamada Segunda Lingua Extranxeira. Mentres xa a duras penas os alumnos levantan cabeza co Castelán e o Galego, e ao tempo que non hai maneira de conseguir que falen en Inglés se quera un chisco, hai anos alguén decidiu engadir unha lingua mais, a chamada Segunda Lingua Extranxeira (Francés, Alemán, ou o que sexa). Dado que o desastre ía ser monumental reculouse, e fíxose necesario (tras liquidar os obradoiros que se ofreceron como alternativa á materia) conceder exencións a diestra e a siniestra, o que a convirte nunha materia curricular que simplemente parte do alumnado non cursa. As exencións finalmente foron reconvertidas en reforzos educativos, un loable parche mais no xigantesco patchwork en que temos convertida a singladura académica dos nosos pupilos.

Hai moita xente traballado no Ministerio e na Consellería de Educación, e non dubido que moitos tentan facelo o millor que poden. Pero, señores alguaciles, e con todo o meu cariño, ás veces damos unha imaxe ben peculiar de todo este cotarro, unha imaxe que só os Monty Python serían quenes de retratar. Non se rían moito, que é cousa seria…

Monty Python, Ministerio de Andares Parvos,
(hai versión subtitulada en portugués e en castelán):

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: