Recordatorio para pesimistas (2)


Nin é a primeira nin será a última vez que os nosos rapaces gravan unha pelexa e logo a penduran en youtube. A reacción dos adultos é sempre a mesma: esto antes non pasaba; hai que prohibir algo, os móbiles nas escolas, por exemplo.

Claro que antes non pasaban estas cousas: non había youtube. Nen móbiles. O que si había era pelexas, pero non quedaban rexistradas. Youtube e os correspondentes gadgets convertíronse nunha ferramenta esencial para esclarecer certos sucesos que antes simplemente quedaban no reino do misterio. Eso foi o que lles pasou a estes esdudantes de Nova Iorque:

Agora dirán que o problema é o exceso de información.

[Vídeo atopado en Microsiervos.]

Advertisements

3 Comentarios

  1. como te digo said,

    Novembro 7, 2009 ás 14:38

    Os adultos sempre nos escandalizamos do comportamento das xeracións seguintes (probablemente porque esquecemos o noso), e con frecuencia pensamos que a solución está en prohibir aquilo que nos non tiñamos, tal vez asustados do que non coñecemos ou tal vez nostálxicos da nosa idade de ouro. Esquecemos que sempre ocorreu; antes pasabamonos notiñas manuscritas burlándonos dos compañeiros, faciamos caricaturas ou escribiamos anónimos. Logo circularon fotos. A culpa da violencia primeiro foi influxo da tele. Agora, que por certo ven menos tele grazas a internet, a culpa é dos móbiles e da rede. Eludimos as nosas responsabilidades; non sabemos ensinarlles as posibilidades educativas das tecnoloxías, non somos quen de acompañalos nese mundo virtual, e matamos ao mensaxeiro prohibindo o acceso con móbiles ás escolas, en vez de facer unha campaña de educación dixital dirixida, sobre todo, a pais e profes. É coma se nos tivesen prohibido usar lápis e papel cando escribiamos e difundiamos cartiñas insultantes. A febre pasará, como todo, e o próximo demo será vai saber cal. Entretanto, seguimos comodamente instalados no noso mundo, que xa non é o deles, e queixándonos de que acaden información que non somos quen de ensinarlles a dixerir.

  2. iznogoud el infame said,

    Novembro 8, 2009 ás 00:34

    Cada vez teño máis claro que actuamos con prexuízos, pero tamén que debemos ter coidado coas denuncias que nos poden cair…
    Por outra parte, a tecnoloxía introduce posibilidades que antes non existían, ou eran máis difíciles e menos extendidas.

    Por certo; o da noticia parece un montaxe. Resulta pouco creible que se dedicaran a facer fotos mentres escapaban do lume.

    • iesounonies said,

      Novembro 8, 2009 ás 03:14

      Non teño constancia de que o vídeo sexa un fake. Mais ben ao contrario, só é un adianto do que ocurrirá aquí dentro duns anos: unha sociedade hiperinformatizada, e unha policía eficientísima (que o seu tempo hai que adicar para ordear e analizar toda esa información).


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: