O alguacil alguacilado


Unha fiel lectora deste blog envíame por mail a noticia (con data de 27/11/2006) de que na Universidade Complutense resolveron no seu día deixar en mans dalgúns alumnos o control de asistencia do profesorado ao seu traballo. En troques da súa colaboración os alumnos recibirían un crédito académico de libre elección.

As queixas do profesorado expresáronse deste predecible xeito:

La medida de control ha causado malestar entre parte del profesorado universitario, que se siente “vigilado”. “Es una manera de fiscalizar nuestro trabajo, de vigilarnos”, critica un docente que prefiere mantenerse en el anonimato. “Hay profesores que algún día en clase han dado la bienvenida a los alumnos que participan en el proyecto diciendo: ‘Hola, hoy tenemos un espía entre nosotros”, explicaron varios estudiantes.

Na obra de Quevedo El alguacil alguacilado cóntase cómo un exorcista intenta sacar ao demo que anda instalado no interior dun alguacil. Cala o alguacil, pero fala o demo coma infernal funcionario en destino provisional:

(…) se ha de advertir que los diablos en los alguaciles estamos por fuerza y de mala gana; por lo cual, si queréis acertar, debéis llamarme a mí demonio enaguacilado, y no a éste alguacil endemoniado.

Qué fértil foi o Século de Ouro, señores alguaciles. A historieta quevedesca fai reflexionar a un sobre o mal que nos cae sempre a nosa propia menciña, que tomamos por fuerza y de mala gana.

Certa vez estiven como invitado no interior dunha aula nun instituto de ensino medio de Suiza onde con abraio puiden ver cos meus propios ollos que eran os alumnos os que levaban conta de asistencia dos seus compañeiros e, de paso, recollían a sinatura do profesor de turno para verificar cada informe, informe que ficaba en mans do alumno encargado. Cánto poderían aprender os complutenses, ou alcalaínos, da sutileza alpina…

Advertisements

4 Comentarios

  1. iznogud el infame said,

    Novembro 4, 2009 ás 23:44

    Totalmente certo, pero teñamos en conta tamén que, ás veces, as solución que`parecen máis xustas ou prácticas, acaban por meternos en berenxenais que nos volven inoperantes, cando nonnos fan facer o ridículo. Óutro día poño exemplos

  2. iesounonies said,

    Novembro 4, 2009 ás 23:58

    A ver: vas por exemplos facendo o ridículo ou vas por exemplos de facer o ridículo? :-)

  3. inxenuaimpenitente said,

    Novembro 6, 2009 ás 12:32

    O medo a facer o ridículo é paralizante. Para levar a cabo cousas que merezan a pena haberá que superalo. Darlle o alumnado unha responsabilidade coma esa podería ser positivo, non vaia a ser que non sexamos suizos por non telo intentado nunca…

  4. Novembro 20, 2010 ás 21:54

    […] historias de alguaciles alguacilados, atopadas pola rede: En Portugal, la negociación de las evaluaciones docentes supuso […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: