Avisos para o futuro


Se a comunicación entre seres humanos que conviven xuntos está chea de dificultades, ¿cómo comunicarnos cos seres humanos do futuro? Por exemplo, ¿como lle deixaríamos unha importante mensaxe aos seres humanos de dentro de 10.000 anos? ¿En qué lingua? ¿Con qué símbolos? ¿En qué soporte?

Xa houbo intentos da NASA de elaborar unha mensaxe dirixida a unha suposta civilización exoplanetaria: o disco de ouro das sondas Voyager, a placa da sonda Pioneer ou a mensaxe de Arecibo. Pero nunca houbo (que eu saiba) un intento contemporáneo serio de comunicación cos humanos do futuro.

O problema xurdiu cando o Departamento de Enerxía dos Estados Unidos decidiu nos anos 90 sinalizar a súa maior planta de residuos nucleares, que será pechada en 2070 pero que contén basura radioactiva que seguirá sendo perigosa durante miles de anos. Para entón a nosa civilización terá desaparecido, as linguas actuais estarán extintas e os nosos códigos culturais de advertencia e perigo serán incomprensibles. ¿Cómo deixar á humanidade un aviso lexible de perigo?

Antropólogos, lingüistas, astrónomos e arquitectos reuníronse para acadar unha resposta a tan dificil problema, percatándose moitos deles de que a millor solución tería sido non xenerar tanta basura radioactiva.

En todo caso o problema plantexado resulta atractivo dende o punto de vista cultural: presupón a búsqueda dun código de transmisión de información verdadeiramente universal e intemporal. Tamén resulta significativo que o que teñamos transmitir á humanidade do futuro sexa unha advertencia contra nós. Dado que serán animais da nosa especie e estarán adornados coas mesmas eivas será tamén un aviso contra eles mesmos.

Poden atopar  o artigo orixinal nesta ligazón: Aviso a la humanidad, aléjense de aquí, na que tamén se poden descargar os informes da comisión encargada do proxecto de sinalización da planta. A noticia a atopei en Fogonazos.

pioneer plaqueMensaxe da placa da sonda Pioneer 10, que se dirixe na actualidade
cara a estrela Aldebarán, a 65 anos luz da Terra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: