Atrancos e barrancos


Cando un chega á dirección dun centro debe por lei facer un curso de “Formación para o acceso á función directiva“, baixo pena de cese ao ano seguinte. Está ben, porque se o nomeamento é obrigado (por dous anos) basta con non facer o curso e xa non completas o mandato. É unha medida que non dí moito da intelixencia de quen a tomou. Millor dito, non dí nada: é como encerrarte nunha celda e darte as chaves para que fuxas. Se tes sorte, e o inspector se enrrolla, en xuño estarás cesado de xeito fulminante.

Cando, como é o meu caso, un mesmo acepta ser director voluntariamente a condena é, se nada se torce, por catro anos. Entón o sentido común e a mera coherencia indican que hai que facer o cursiño de marras.

Os planificadores ordean entón pasar todo o primeiro trimestre formándote para ser director: non se fai antes, non (por exemplo, en xullo do curso que remata, non vaia ser que alguén teña que traballar ese mes). Ten que ser ó inicio do curso académico, para que podas ir metendo a pata durante catro meses; setembro, outubro, novembro e decembro, luns e mércores, de 6:00 a 9:00, e xoves de cando en vez. Segundo me consta, non podes face-lo curso motu proprio, pola túa conta, o ano anterior, se prevés que te vas presentar ou te van nomear: é necesario ter un nomeamento de director ou directora na man para facelo. Dito de outro xeito: para facelo cursiño debes non ter tempo dispoñible.

É toda una mostra de previsión dos nosos xestores: os tres peores meses de traballo do ano (o comezo), durante o peor ano dos catro (o primeiro), despilfarrados nun curso que apenas te ensina o que tí mesmo, a trancas e barrancas, vas aprender por mera experiencia ou podes resolver cunha chamada telefónica (o certo é que os contidos do curso, por ahora, resúmense en dous preceptos: primeiro, as probabilidades de ir ao cárcere son maiores que antes, segundo, a lei ten só carácter orientativo e non a cumpre ninguén) (1).

Visto que a finalidade declarada do curso resulta ser mais que discutible, queda desvelar cales son os resultados. A saber: a extenuación do Sr. director e o seu equipo,  a imposibilidade dun normal desenvolvemento do curso académico (ao imposibilitar a celebración normal de claustros, avaliacións iniciais, reunións e demais actividades), o entorpecimento da elaboración dos horarios naqueles centros que teñan clase pola tarde e a perda de tempo en cumplimento da lei (cumplo y miento, dicía Larra). Parece que quenes deron orde de organizar os cusiños de “Formación para o acceso á función directiva” non teñen miota idea de cómo funciona un centro escolar, e moito menos de cómo se dirixe.

E ese é o incentivo que a administración outorga para este chollo: cen horas de aborrecente cursiño. Algún inútil despistado, nalgunha oficina, un mal día, tomou unha decisión equivocada: dende entón dúcias de persoas intentan xustificar racionalmente a torpeza, e mentres o sistema segue facendo augas, e no meu centro (que ten clases os martes e os luns pola tarde) é imposible facer un miserable claustro (claustro ao que nos obriga a mesma lei que nos impide facelo).

Protestar da o mesmo: cada engranaxe da cadea de despropósitos acusa á rodiña anterior, e a responsabilidade dilúese nos diferentes puntos do extenso organigrama da Consellería. É culpa de todos un pouco, logo é culpa de ninguén.

Semella que nesta profesión, canto mais despistado se está, mais decisións trascendentes se toman. O que a min mesmo non me deixa en moi bo lugar, por certo.

Que logo non se extrañen de que ninguén quera meterse nestas liadas, tal e como se explica, con claridade meridiana, aquí.

homer-simpsonCréditos da radiografía: descoñecidos.

(1) Actualización (12/11/09): o certo é que non é exactamente así, pero á forza aforcan…

Advertisements

2 Comentarios

  1. iznodud el terrible said,

    Outubro 28, 2009 ás 10:03

    Me estar a quitae as ganas de facelo asalto ó poder.

    • como te digo una cousiña said,

      Outubro 28, 2009 ás 22:16

      XD. Tí foches moito máis listo, visir. Exerce-lo poder na sombra sempre foi mellor, sobre todo cando “no noso centro temos un Califa bonachón, indolente e bastante pouco espabilado”.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: