O espazo ultraprofundo


Entre setembro de 2003 e xaneiro de 2004 o Telescopio Espacial Hubble dirixiu a súa mirada cara un punto irrelevante do ceo, preto da contelación de Orión. Tratábase de fotografiar a luz visible dunha minúscula rexión do espazo na que, aparentemente, non hai outra cousa que escuridade. Mantívose orientado cara ese punto durante o equivalente a 11 días terrestres, tal e como aínda fan os fotógrafos cando queren captar esceas nocturnas. Tras un millón de segundos de longa exposición e 100 órbitas ó redor da Terra, a imaxe foi procesada e enviada á Terra. A fotografía mostra o Hubble Ultra Deep Field, ou Espazo Ultraprofundo: a distancia mais lonxana xamais vista polo ollo humano. Ningunha outra fotografía captara ata ese momento rexións tan remotas do Universo, e, en certa medida, a imaxe mesma é un fito na historia da fotografía. Esta é a postal:

v_ultra-deep_field_02-2(Créditos)

Se clicas varias veces na fotografía poderás ver en aumentos progresivos a imaxe. É soamente unha rexión insustancial do ceo, escollida case ó azar: ocupa a mesma área que cubriría un graniño de area que suxetaras entre os dedos no extremo do teu brazo extendido. Segundo as cifras de hubble.site,  se quixeramos captar todo o ceo coa mesma tecnoloxía e á mesma resolución tardaríamos 1 millón de anos.

Os astrónomos calculan que na imaxe pódense contar cerca de 10.000 galaxias: unha galaxia pode estar formada por centos de miles de millóns de estrelas, e estímase que o universo observable pode conter cen mil millóns de galaxias.

A inmensidade do universo desborda a nosa capacidade para concibir o espazo. Intentando imaxinalo dan ganas de escapar correndo, pero ¿a qué sitio?

Mais tarde, mediante procedementos informáticos, fíxose unha reproducción en tres dimensións da mesma imaxe. Podes vela neste vídeo, no minuto 2.57:

Advertisements

1 comentario

  1. Couselo said,

    Outubro 19, 2009 ás 23:43

    Fascinante!!!!,
    ¿Cantas Terras similares á nosa haberá por ahi fóra?
    ¿Serán tan autodestructivos coma nós?
    ¿Poderemos teletransportarnos algún día?
    Que pequena se sinte unha ante tanta inmensidade……….


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: