Cartos, cartiños, cartos


Hai tempo (non sei canto, a estas cousas lles presto escasa antención) a administración outorgou un complemento salarial de 45,30€ para premiar o traballo dos docentes en determinadas áreas: titorías, dinamizacións, desdobres, horarios completos, etc. Semella ter sido deseñado coma un incentivo: non son moitos cartos, pero rondan os 500€ ao ano.

Sexa polo lastre paternalista do franquismo ou pola herdanza igualitarista da democracia do 78, o caso e que o sistema de incentivos quedou desactivado na súa mesma orixe: hoxendía o 100% dos profesores do meu centro cobran o complemento. Non se outorgan mais porque non hai mais a quen outorgarllos.

E así, o que naceu sendo un premio para o docente converteuse nun dereito, e viuse transformada en obriga o que en orixe era unha potestade: a ver quén lle dí ao que o ano pasado cobrou o seu complementiño que este ano nanai de la China. O complemento (por definición, unha retribución engadida ao salario e orixinada por circunstancias particulares) quedou fundido co soldo normal nun todo inseparable. Non cobralo é visto como discriminatorio. De xeito que se outorga automáticamente.

E é así como funciona este chollo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: