Rachel Weisz


Vaise estrear por fin en España a película Ágora, interpretada pola actriz británica Rachel Weisz. Ágora conta a vida e morte de Hipatia de Alexandría, conspicua astrónoma e matemática da antigüidade.

Non debe ser manca tampouco a tal Rachel Weisz: filla dunha profesora e dun enxeñeiro, graduouse en literatura no Trinity College, na mesmísima Universidade de Cambridge.

Iso sí, ela mesma admite que de astronomía non tiña nin idea antes de comezar a rodar a película. E polo que se ve, tampouco despois, se damos por boa a noticia aparecida recentemente no diario El Público, 4-10-2009:

Soy una completa negada para las ciencias… En el colegio siempre suspendía esas asignaturas. Por eso acabé estudiando literatura. Durante el rodaje de Ágora, incluso me resultaba difícil entender de qué demonios hablaba mi personaje. Es embarazoso reconocerlo, pero hasta entonces no sabía que el Sol está en el centro de la galaxia.

O Sol no centro de qué? Mi madriña: os meus alumnos do primeiro ciclo da ESO saben mais que esta señora (ou que o periodista, vaia vostede a saber).

Para que logo digan que a educación española é un fracaso. Xa ven cómo está Cambridge…

Rachel_Weisz_TIFF08
Na fotiña, Rachel Weis asinando autógrafos
nos confíns da nosa galaxia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: