I’m against it


Que as cousas cambian: en contra. Que non cambian: en contra. Ás veces semella que estamos en contra de estar a favor, coa excusa de estar a favor de estar en contra. Non querer nada pode ser síntoma de non saber o que se quere, e non unha proba necesaria de que se posúa un criterio de elección.

Non: palabra cen mil veces repetida cada día nos centros escolares e nas dependencias da Consellería. Isto non o fago, non está permitido, isto non é cousa miña, isto non me compete, isto non pode seguer así, non fagas isto, eu non fun.

Co gallo de transmitir o que se conserva (a traditio) somos unha profesión conservadora: confundimos refrixerador con opción política, identificando quietude e inercia. É o que te teñen os sistemas relativistas: tanto da que te movas que esteas quieto parado.

O marxismo, esa filosofía tan mal comprendida, fixo no seu día unha análise da extendida lóxica claustral da inercia (ou quietude, según conveña). Hai que ver cómo somos…

Advertisements

1 comentario

  1. como te digo said,

    Outubro 4, 2009 ás 16:03

    Non podo estar máis a favor do que dis. Os que cren que se deben cambiar certas cousas nin intentan facelo porque os outros van dicir a coro “I’m against it”. E uns polos outros, a casa sen barrer. Queixámonos todos de que as cousas non funcionan, pero tampouco estamos dispostos a nos esforzar moito para cambialas. Que no-las dean feitas. Que se fagan soas. E máis cómodo dicir “non” dende o principio que asumir a responsabilidade de cambialas. Estamos bos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: