Lumpen Bureaucratariat


Coa extensión da banda ancha e a complexización do sistema educativo a administración dun centro escolar consiste básicamente en despachar burocracia. Xorde así unha nova clase social: o Lumpen Bureaucratariat, un artefacto sociolóxico que tería feito as delicias do mismísimo Karl Marx.

Supoño que o ensino sempre esixiu certo grado de papeleo e oficina. Pero o caracter expansivo (spamsivo?) da informática  favoreceu, nos últimos anos, a multiplicación das tarefas administrativas ata límites que eu nin sospeitaba antes de ascender a esta peculiar forma de degradación que é a dirección dun centro. Só por poñer un exemplo: son os directores dos centros os que teñen que introducir os datos bancarios do novo profesor, se é que este chega por primeira vez a un centro público ou accede dende outra provincia. Cando o xoves pasado tiven que xestionar ese asunto quedei abraiado.

De non introduci-la conta do profesor no sistema informático, este non cobra. A quén denunciaría entón por estafa o afectado? Ao departamento de nóminas ou ao Herr Direktor do centro? Vulnera esta situación a lei de protección de datos? En qué lugar está escrito que todo ese lixo burocrático estea a cargo dun director?

Proletariado! Un espectro amenaza os institutos: a lista cos e-mails dos centros de toda Galicia, que vai rulando de disco duro en disco duro pola Consellería… É tan doado darlle a enviar e que o fagan eles! Listaxes de alumnos agrupados por liña de autobús, contas bancarias, comisións, coordinacións, titorías, programacións, altas, baixas, medianas, nóminas, o apaño dun erro que algún comisionado cometeu en sabe deus qué departamento… Todo pasa polo enviar. Clic, clic! É doado! É divertido! Produce placer funcional, millorando o cutis e a psicomotricidade fina!

E así, na redoma da bandexa de entrada da conta dun centro, o correo corporativo e o simple spam fúndense nunha soa pasta que pode levar tres ou catro horas filtrar. Non importa: o Lumpen Bureaucratitat está para eso.

Qué Capitán Ludd nos ceibará da tiranía do silicio? Burócratas do mundo, unídevos!

Eugène_Delacroix_-_La_liberté_guidant_le_peupleLa bureaucratie guidant le peuple
(A burrocracia guiando ao pobo)

Advertisements

2 Comentarios

  1. axóuxere said,

    Setembro 26, 2009 ás 23:38

    Sr. Direktor, a resposta de porque se chegou a esta situación eche ben sinxela, eliminan uns postos de traballo a costa de repartilo entre varios “Direktor@s”; pero despois hai outro tema, xa que se presupón que os Direktor@s son xente responsable, seria, honrada, eficaz,…e unhas cantas chorradas máis, polo tanto aseguranse de que vaia todo máis axil, sen fraudes e sen fallos.
    ¡Estades a disposición do pobo, e o pobo está pendente de vós!
    Eche o que hai!

    • iesounonies said,

      Setembro 27, 2009 ás 02:02

      Axóuxere: pois non o creo. Dubido moito que se aforre un só posto de traballo con todo este trasego de obrigas. O número de empregos na administración pública, segundo entendo, segue a medrar (especialmente os de libérrima designación: comisionados, exempli gratia). Penso que é un problema de organización e de claridade de obxetivos. E sobretodo, de uso indebido da tecnoloxías.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: