Lapsus linguae


Telexornal da TVG, sábado 12 de setembro de 2009. Información sobre as Xornadas Bilingües celebradas en Pontevedra con cartos da Deputación. A voz en off do locutor, ao fío do valente testimonio dunha das ponentes (Carmen Leal, radical opositora a calquera tipo de normalización lingüística que non sexa en castelán), observa:

A convivencia entre linguas é posible sen que existan conflitos. Así o afirman os expertos que durante dous días analizan en Pontevedra a situación das comunidades bilingües. Pero todos coinciden en rexeitala imposición. É o caso de Carmen, unha profesora de Lingua Española en Cataluña, que viu cómo o castelán pasou de estar imposto a reducirse a dúas horas lectivas en beneficio do catalán…

De tanto marear coa imposición xa nin sabemos o que dicimos. A ver, aclarémonos, ¿non era o catalán o que estaba imposto ? ¿E agora tamén é o castelán? Eu é que xa non me entero…

O vídeo sobrevive aínda na páxina da TVG, só accesible con Internet Explorer. Como non é incrustable neste blog, regalámoslles estoutra cousa ridiculista de linguas imponidas: Tio Pio meets O gram Gabi. Para rir un ratiño:

Advertisements

3 Comentarios

  1. Setembro 17, 2009 ás 00:56

    Non sabía que a TVG tamén estaba “comprometida” con microsoft, coma o XADE.
    Microsoft arramplou con case todo neste país! E seica é moi complicado o divorcio.
    O de MicroSexPlorer si que é imposición!

  2. Gregorovius said,

    Setembro 19, 2009 ás 01:21

    Entón hai que riscar no meu comentario tamén. Menos mal.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: