Sonatina burocrática


Onte un director de Instituto de Ensino Secundario plantexoume un pequeno problema burocrático. O caso é que unha comisión do seu centro debe conceder vinte (20) becas de relativa cuantía económica. Para facelo é preciso empregar  uns criterios tasados e obxectivos (idade, estudos, etc). Dado que é probable que se dea un empate entre varios candidatos, a convocatoria da beca establece un procedemento de ordeación alfabética para desfacelo, segundo as seguintes indicacións, que transcribo literalmente:

“As letras de prioridade que afectan ao primeiro, e se é o caso, ao segundo apelido, para os efectos de resolución de desempate, serán Q e R.”

A casualidade quixo que, unha vez que se resolveron sen problemas os dazanove primeiros postos, ao chegar ao vixésimo se producira un empate entre estes catro candidatos:

Gomis Gondomar, Aaron
Gondomar Filgueira, Pamela
Gondomar Reboiras, Afranio
Gradín Gondomar, Sabino

¿Cal é o que debe figurar no posto número vinte, segundo a regra anteriormente expresada? (Os nomes dos aspirantes atópanse alterados para respetar a súa privacidade, pero conservan as posicións alfabéticas entre eles e coa letra Q e R).

Mentras escribe a súa resposta nos cometarios, pode se quere disfrutar duns minutos musicais cortesía de Erik Satie: a Sonatina Burocrática.

Advertisements

8 Comentarios

  1. Xuíz e parte said,

    Setembro 14, 2009 ás 11:53

    Dado que as letras elexidas para comenzar a asignación son Q e R, parece indicar que o abecedario debe continuar nesa orde Q,R,S,T,U,V,W,X,Y,Z,A,B,C…….P

    And the winner is: Gradín Gondomar, Sabino

  2. unoquepasa said,

    Setembro 14, 2009 ás 13:26

    Orden del primer apellido: Q. Desempate para el segundo, R. Entonces gana Gondomar Reboiras, Afranio. La norma no dice que tenga que ser así, pero tampoco especifica lo contrario.

  3. Couselo said,

    Setembro 14, 2009 ás 17:46

    Tal coma entendo eu:
    primeiro hai que buscar as letras que desempatan o primeiro apelido Gradin estaría de primeiro, por ter o R, e logo serían os Gondomar, no caso de que houbera que seguir elixindo, coma volven a empatar os Gondomar (teriamos que ir ao 2º apelido) e sería Gondomar Reboiras

    1º GRadin Gondomar
    2º GondomaR Reboiras
    3º GondomaR Filgueira
    4º Gomis Gondomar

  4. iesounonies said,

    Setembro 15, 2009 ás 00:51

    Pois ninguén acertou aínda. En realidade, este é un exemplo do procedemento que se segue para o acceso as escolas e institutos públicos. A verdade, non é un prodixio de claridade na súa redacción. Non queda claro nin sequera qué sirginifica “empate”.

  5. alberte said,

    Setembro 15, 2009 ás 08:47

    Gondomar Filgueira, Pamela
    Gondomar Reboiras, Afranio
    Gomis Gondomar, Aaron
    Gradín Gondomar, Sabino

    Yo creo que daria esto…

  6. iesounonies said,

    Setembro 15, 2009 ás 20:05

    Non. Seguimos agardando polo resultado correcto. E máis que o resultado correcto, o que fai falla é explicar o procedemento correctamente, e xustificar un pouco millor qué quere dicir a dichosa norma. Recórdolles que este é o xeito habitual para este tipo de sorteos. ¿Algún inspector de educación na sala?

  7. Couselo said,

    Setembro 16, 2009 ás 01:11

    Pois se non é nin Sabino, nin Afranio, nin Pamela…. terá que ser o Sr Aaron; pero a min que mo expliquen, pois tal coma está a norma nin siquiera vexo o empate.

  8. iesounonies said,

    Setembro 16, 2009 ás 07:47

    Obviamente, se non é ningún dos outros, ten que ser Gomis Gondomar, Aarón… Pero eso non explica por qué. Segundo me informan, a propia inspección educativa ten (ou tivo) que consultar casos deste tipo, que se dan con relativa frecuencia.

    A conclusión que saco é que tralo procedemento descrito pola norma (que é ambigua, no sentido en que ofrece resultados distintos, pero todos eles compatibles coa literalidade da norma) existe un uso ou unha interpretación xeralizada.

    En primeiro lugar, como ben fai Couselo, cabe preguntarse se hai empate. A resposta (tal e como o vexo eu) é que non hai nin empate: alfabéticamente, Gomis vai antes que Gondomar. Caso distinto é se os dous primeiros da lista foran Gondomar. Nese caso, se non ando trabucado, acúdese ao segundo apelido, pero esta vez contando dende o Q (que pasa a ser o R): Gondomar Reboiras convertiríase así no segundo da lista. Por último, quedaría Gradín Gondomar.

    Nembargantes, xa digo, a min paréceme que a norma pode ser interpretada polo menos dun xeito mais sen chegar a contradicila. Por exemplo, considerando que si hai empate na primeira letra (o G), e desempatando coa segunda letra do primeiro apelido acudiendo ao Q (R, neste caso: Gradín sería o primeiro na lista).

    A redacción da norma, na miña opinión, é un exemplo de estilo xurídico confuso. Ainda que pode que outra disposición de rango superior deixe o procedemento millor explicado.

    Grazas a todos por participar.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: