Educación e polarización


“España, uno de los países de la UE-15 (…) con mayores desigualdades sociales, tiene el sistema educativo más polarizado por clase social existente en tal grupo de países. Las familias del 30-35% de renta superior del país envían a sus hijos a las escuelas privadas concertadas (…) y el 65-70% restante de la población, que se define como las clases populares, es decir, la clase trabajadora y las clases medias de rentas medias y bajas, envían a sus hijos a las escuelas públicas, donde se concentra la mayoría de los hijos de los inmigrantes (92%). Naturalmente, no hay una impermeabilidad social entre los dos tipos de escuelas, la pública y la privada. Pero, en general, la renta de las familias que envían a sus hijos a las escuelas privadas es mayor que la de las familias que utilizan la escuela pública. En Suecia y Finlandia (…) sólo el 4% de estudiantes van a la privada. En España es el 30-35%. (…) El sistema educativo dual (privada versus pública) de España reproduce la estructura social del país, formando dos tipos de ciudadanos: los de primera y los de segunda clase. Y los primeros acceden a estudios superiores (como los universitarios) en porcentajes mucho mayores que los segundos. Esto es consecuencia del poder de clase, categoría que ha desaparecido del lenguaje político y mediático del país”.

Vicenç Navarro: La polarización social de la Educación,
Público, 13-08-09.

Tras ler o relato cabe unha primeira reflexión obvia: ¿cómo pode ser que nin gobernos de esquerda nin gobernos de dereita puxeran aínda coto a un problema de desigualdade tan evidente? Pero non queremos eiquí pecar de obvios. O artigo da por sentado algo que pode pasar desapercibido ao lector progre mais indignado (e despistado): presupón que a escola pública é peor que a privada, unha idea, con razón o sen ela, extendida entre a opinión pública. A pregunta entón debería ser outra: ¿cómo pode ser que nin gobernos de esquerda nin gobernos de dereita conseguiran que a escola pública sexa incomparablemente millor que a privada, algo sobradamente conseguido en moitos outros estados europeos?

Advertisements

3 Comentarios

  1. Baraka said,

    Setembro 7, 2009 ás 17:11

    Pero é a escola pública peor que a privada ou concertada?
    Hai centros e centros, pero eu coñezo uns cantos concertados e privados presuntamente elitistas nos que a calidade do ensino é máis que dubidosa. E en todo caso si a “calidade” do ensino público globalmente é peor que o privado, por qué é así?
    Eu penso que hai centros públicos que funcionan ben, centros privados que funcionan ben e viceversa.
    O que sí é certo é que nesta rancia España sigue primando a exclusividade e a xente con máis medios enviará aos seus fillos a un centro de pago, do mesmo xeito que compra un Mercedes ou un chalé na praia, para marcar estatus.
    Penso que é a mentalidade dos españois a que marca a diferencia entre os cidadáns de primeira e segunda clase non a asistencia a un tipo de centro ou outro.
    Eu particularmente traballo nun centro concertado e nas aulas do meu centro hai alumnado de tódolos estratos sociais.
    Dende logo penso que se deben incrementar as inversións na educación pública e por suposto habería que replantexar de abaixo arriba todo o sistema educativo, en lugar de por parches de diferentes colores segundo quen goberne, pero ese é outro debate.

    • iesounonies said,

      Setembro 7, 2009 ás 22:52

      Nembargantes, parece que a opinión pública é proclive a identificar “centro privado” con “calidade”. Eu tamén penso que é bastande dubidoso. Polo que escoito de profes da concertada (e polo que eu mesmo vivín no seu día) deduzco que algunhas servidumes son propias de ambolosdous sistemas. Atreveríame a dicir que algúns centros privados concertados (relixiosos, por mais señas) viven nunha especie de burbulla de cristal provinciana moi pouco adecuada pedagóxicamente (estou falando sobretodo de centros de monxas) e con resultados sociais e académicos (o vimos moitos na Universidade) mais ben escasiños, por non dicir simplemente nulos.

      En todo caso, Baraka, asegúrote que o plantel con que nos atopamos no ensino público é ás veces demoledor, e iso débese, sen dúbida, a que a extracción social é moitísimo mais baixa. Ten en conta que a inmensa maioría dos centros concertados localízanse en grandes vilas e capitais, onde o nivel socioeconómico é mais elevado. Onde non chega a concertada, sempre chega a pública (é o famosos principio de subsidiariedade). A maioría do alumnado inmigrante concéntrase ahí, nas grandes capitais españolas. Que esa modalidade de ensino sobreviva nesas condicións é ás veces producto dun acto de voluntarismo. Noutros casos a mala praxis profesional campa polos seus respetos, por suposto, que de todo hai.

  2. Setembro 8, 2009 ás 00:38

    Porque os governos da esquerda deste país son unha esquerda moi tímida e recatada.
    Aos da dereita non lles interesan as cousas públicas, por definición.
    Suecia e Finlandia … Iso é un mundo aparte. En Suecia todo e en Finlandia ademáis a solución da diglosia.
    Compárémonos con Portugal, Italia e Grecia, por no engadir Turquía e o Magreb. E dende a Galiza, coas CCAA máis avanzadas, coma Extremadura.
    Pero cunha estrela ben alta, que non quede agachada pola bouza das discusións pseudo-políticas e das crónicas lucro-periodísticas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: