Dilemas escolares


Como explicamos no seu día, hai un número máximo de alumnos por grupo (que en realidade emprégase como mínimo por aquilo do aforro de costes): ese número é a ratio. Na ESO a ratio é de trinta (30) alumnos por grupo.

O que quere dicir é que se tes 60 alumnos, poñamos por caso, en 2º da ESO, a administración deixache facer dous grupos: cada grupo terá 30 alumnos, cos seus profesores correspondentes. Pero se tes 61 alumnos, un só alumno mais, a administración permitirá que fagas tres grupos. As ventaxas de ter un só alumno máis son evidentes: pasas a ter 20,3 alumnos por grupo, e o profesorado necesario aumenta. Por un só rapaz todos contentos: menos alumnos para mais profesores. É por iso que nalgúns centros un só alumno pode significar a diferencia entre o caos e a normalidade.

En época de recortes orzamentarios a ratio é o sistema mais eficaz que ten a administración para aforrar persoal. O dilema xorde cando, en plena camapaña de avaliacións finais, que é cando se decide definitivamente o paso duns alumnos dun curso a outro, bótanse os cálculos pertinentes e descóbrese que hai que forzar a promoción ao curso seguinte dun alumno que non o merece, todo ilo para salvar esa ratio nos grupos do seguinte nivel ou do anterior.

Por un lado, é un acto inxusto, pois dispensas un trato inmerecido ao alumno ou aos alumnos en cuestión ao premialos sen merecelo, deturpando o proceso de avaliación. Por outra banda é un acto útil, pois de non facelo o centro perde profesores, o número de alumnos por grupo aumenta e a calidade do ensino diminúe perceptiblemente, xerándose incontables problemas disciplinares. ¿Qué facer?

Dende o punto de vista da moderna teoría ética a resposta non é definitiva. O Utilitarismo de Stuart Mill estaría a favor de facer a trampa de manipular as notas para que as contas cadraran: o maior ben para o maior número de persoas. O Utilitarismo é unha ética das consecuencias e os resultados: unha visión liberal e economicista da conducta boa e recta que non se para moito en componendas de principios e grandes valores. Unha ética deontolóxica, como a Kantiana, pouco preocupada polas consecuencias e centrada na vontade moral e o cumplimento do deber, abominaría de tal decisión: é a coñecida prohibición absoluta de mentir, incluso para salvar unha vida humana (canto menos para manter a plantilla dun centro escolar). Segundo Kant o inxusto é inxusto ainda que as súas consecuencias sexan boas.

Ao docente que pon aprobados ou suspensos sen ter os datos exactos o mundo acábaselle no vello Kant: somos profesores con principios, tratamos de ser xustos e ecuánimes, poñemos calificacións “verdaderiras”, ou polo menos, cercanas a esa vaguedade chamada “verdade”. Pero cando a ese mesmo profesor daslle as xélidas cifras na man, desprovistas de nomes e apelidos, e exposlle as frías consecuencias, pónselle cara de Mariscal de Campo en plena batalla: este morre pola patria, este vive. É complicado non deixarse levar por ese deslizamento moral, como lle chamaba Jonathan Glover.

Para solucionar o dilema poderíamos trasladar os principios kantianos directamente ás consecuencias utilitarias, identificando o Deber do sabio de Königsberg cos resultadoss desexados: Recto Principio sería entón Boa Consecuencia. Quedaría así un bonito razoamento circular que rompería o dilema, iso si, sen tranquilizar moito a nosa conciencia.

Os periodistas e os analistos falan moito da desgracia da promoción obrigatoria que introduciu a LOGSE e do mal que vai o ensino no país. Non teñen nin idea do que se cociña nos nosos centros escolares. É normal que non o saiban: o que non é aceptable é que falen sen teren nin puñeteira idea. Solucións ad hoc como a citada se empregan tódolos días: recovecos administrativos, casos especiais, benevolentes chapuzas para sacar adiante problemas que o sistema non é quen de prever. Xa o dicía Bismarck: “coas leis pasa como coas salchichas: é millor non mirar cómo se fan”.

Kant_-_SIL14-K001-05a

Immanuel Kant
(alias Manoliño Non-pode)

Advertisements

8 Comentarios

  1. Baraka said,

    Setembro 5, 2009 ás 08:14

    Jejeje… No meu centro pasa o mesmo, como imaxino que en todos. Eu as chamo as rebaixas de setembro.

    • iesounonies said,

      Setembro 5, 2009 ás 12:14

      Máis que rebaixas (un proceso que implica deflación de prezos) sería revalorización (xusto o contrario: inflación de prezo). Nesa tesitura un alumno é un tesouro. Fíxate no concertado Colexio San Isidoro, de Granada, multado con 150.000 euracos por inventarse alumnos. Resulta simpático que o San Isidoro de verdade inventara etimoloxías (un frikipedista adiantado ao seu tempo) e o colexio que leva o seu nome invente nenos. ¿Será parte do seu ideario de centro?

  2. mawlaya said,

    Setembro 5, 2009 ás 12:50

    Aínda antonte entereime de que ratio en galego é rateo…pois iso; nós andamos rateando alumnos porque a administración anda rateándonos persoal. Por moita crise que haxa, qué penoso que incluso na educación haxa que trampear para sobrevivir.

    • iesounonies said,

      Setembro 6, 2009 ás 10:32

      :-) A coincidencia de palabras é do mais gracioso… Racanear presuposto sempre no mesmo sitio (servizos públicos) pode obedecer a varias causas: por exemplo, que é mais facil recortar onde mais se despilfarra (e no ensino sabemos que eso ocurre… ou mais ben, sabemos que o desequilibrio na inversión fai que se gaste de mais nun sitio e de menos noutro), que é mais facil recortar en aquel sector onde os efectos visibles do recorte tardan mais anos en manifestarse (e ese sector é precisamente o ensino), e que é mais rebibel políticamente facer o recorte en sectores nos que quenes sufren o recorte son persoas anónimas (nomeadamente, as clases medias e baixas).

  3. Setembro 5, 2009 ás 22:16

    «Hai que coller o temporal de amura»
    Non sei se Kant coñecía este refrán mariñeiro, seguramente nin viu o mar en toda a súa vida. O mar nunca é/está “recto”;o mar non se pode ir recto, coma nas piscinas.

    • iesounonies said,

      Setembro 6, 2009 ás 03:29

      Hola, Gregorovius, e benvido:

      Kant, pese a esa fama de formalismta estricto que ten, quedou atónito ante o problema de cómo adaptar un principio moral xeral a unha situación particular. A inmediatez obriga á toma de decisións desesperadas: o sabe calquera enfermeiro que ante dous feridos teña que optar por atender a un só deles: ¿ao mais grave ou ao que teña mais posibilidades de sobrevivir? Non é o mesmo unha condición que outra. Sigo pensando que Kant foi un dos maiores moralistas do pensamento occidental, ainda que penosamente entendido e peor practicado: é tan doado quedarse co imperativo categórico prescindindo de deus, coma se os dous non viñeran no mesmo paquete! Os utilitaristas son razonablemente crueis: deixan morrer a dez persoas para salvar a cen… Claro que non é o mesmo “deixar morrer a dez para salvar a cen” (opción A) que “matar a dez para salvar a cen” (opción B). Hai numerosos experimentos que demostran que a toma de decisións non está orientada por cálculos racionais, senon emocionais: a opción A é tan utilitaria como a B; pero, dependendo do contexto, unha pode ser un asasinato en masa e a outra non: nembargantes, dende un estricto punto de vista utilitario, o resultado pode chegar a ser idéntico.

      Kant coñecía o mar: Kalilingrado (antes Königsberg) é hoxe base naval da flota de submarinos de Rusia.

      Un saúdo e gracias polo enlace na túa paxiniña.

  4. Setembro 6, 2009 ás 09:41

    Disculpas pola miña ignorancia, por falar de cousas que non coñezo.
    Refírome a algo coma o que aparece en Der Waldgang (“La Emboscadura”) de Ernst Jünger -cito de memoria- : «corre detrrás de su abogado mientras están violando a su madre».
    Gracias a ti por publicar estas reflexións tan intelixentes.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: