Dos delitos e as penas


“España tiene la tasa de encarcelamiento más alta de Europa y una de las más bajas de criminalidad.

El extendido tópico de que en España los presos entran por una puerta y salen por otra ni es cierto ni se sustenta en ninguna cifra oficial. Es el país de la UE con la tasa de encarcelamiento más alta y, por el contrario, de los que tienen menor índice de criminalidad: 20 puntos por debajo de la media.” El País, 5-8-2003.


P8230398

“Educade aos vosos fillos
e non teredes que xulgar aos homes”

(Graffiti atopado por ahí).

Advertisements

5 Comentarios

  1. iznogud el infame said,

    Agosto 27, 2009 ás 22:30

    O de educar para evitar a criminalidade resulta moi bonito,e, sobre todo, nós queremos pensar que é así; pero non esquezamos que a meirande parte dos conflictos humanos os provocan individuos e individuas que fóron educados nos mellores colexios, pero que non amosan ningún tipo de reparo en roubar, mentir, torturar e asasinar. Como mostra, un botón: pensemos e cantos sátrapas africanos fóron educados en colexios europeos para elites. Claro, agora diremos iso de que se recibiron unha educación clasista, e bla,bla, bla. Para rematar, a pregunta: ¿que é educar?. (que bonito me quedou)

  2. como te digo una co said,

    Agosto 28, 2009 ás 12:43

    Non sei ata que punto hai unha relación causa-efecto entre a baixa tasa de delincuencia e a alta tasa de encarcelamento. Polo que teño entendido, tamén ocurre o contrario; en paises nos que hai pena de morte, parece demostrado que as medidas coercitivas non fan que a criminalidade descenda.
    Penso que, efectivamente, a única solución está en educar, pero o punto de vista do visir me parece que non é correcto, penso que educar a alguén non ten nada que ver con mandalo a un colexio de elite. Non sei se é certo que esa xente “comete a meirande parte dos delictos” (descoñezo se algún estudio aporta eses datos, pero si que teño lido estatísticas que indican o contrario, que a meirande parte da poboación reclusa procede dos estratos socioculturais máis baixos) pero, se fose así, habería que pensar que careceron dunha educación que lles ensinase a ser honestos…e iso non é responsabilidade da escola, senón da sociedade no seu conxunto, dende a administración ata as famillas, ata a tele, ata os veciños…
    Os adultos deberiamos dar exemplo…e vaia exemplo que lles damos.
    Quédome, sen dúbida, co lema da pintada, e non co artigo de El País.

  3. iesounonies said,

    Agosto 28, 2009 ás 13:32

    Das miñas épocas de protoxurista recordo que en Dereito Penal e Criminoloxía era frecuente que os especialistas fixeran notar o desfase entre tasa delictiva e tasa de reclusión. Poucos gremios hai mais conservadores que os xuristas, e mira tí por donde, case todos coincidían en que España aplica a xustiza penal de xeito desmedido, con (por exemplo) reclusións provisionáis a espera de xuicio totalmente disparatadas, denunciadas incluso por Amnistía Internacional. O problema non está na administración de xustiza: os maxistrados aplican, polo xeral, o que marca a lei. Son os políticos, que lexislan a golpe de titular, presionados pola opinión pública. Instalouse na sociedade a idea de que España é un país inseguro (o que é un subproducto ideolóxico da forte presión migratoria, do xeralizado conservadurismo tanto da esquerda como da dereita, do tópico de que camiñamos cara ao caos e da necesidade de acadar audiencia). Non é verdade: España é un dos paises mais seguros de Europa, con polos de delincuencia moi localizados (Levante e capital, fundamentalmente). O resto (os tristes asesinatos espectaculares de menores) son titulares amplificados que distorsionan as enquisas de victimación. As enquisas de victimación mostran o sentimento real ou potencial que un cidadán ten de ser víctima dun delito: hai unha descuadre entre esas enquisas e as tasas de delincuencia reais. Pero a percepción social do delito é tamén un (desgraciado) criterio para lexislar. O Código Penal só se cambia en España para ser endurecido unha e outra vez, sen que existan motivos reáis para iso. Eso explica que en tres anos pasáramos de 63.000 a 76.000: 13.000 máis en só 3 anos! O cidadán normal non é consciente de que na cadea pode acabar case calquera, por eso non reacciona e se deixa levar polo pánico colectivo, lexitimando electoralmente unha escalada represiva que (esta vez sí) ocúltase nos medios de comunicación.

  4. iznogud el infame said,

    Agosto 29, 2009 ás 17:49

    Comotedigounaco: Evidentemente, a poboación reclusa esta formada maioritariamente por xente sen formación. Os outros, ademais de ser moitos menos, teñen máis medios para evitar ir ó trullo. Ao que eu me refería, e que o inxustiza social que provocan coas súas accións delictivas (pobreza, fame, guerras) son a base que alimenta en boa parte a outras delincuencias, que nacen da exclusión social que eles provocan.

    • como te digo una co said,

      Agosto 30, 2009 ás 12:10

      Estou completamente de acordo con iso, Iznogud, pero penso que a esa xente, aínda que non lles falte formación académica, si lles falta educación, no sentido de lles transmitir valores como a honestidade e a solidaridade, por exemplo, que se alguén llos tivese transmitido evitarían que se cometesen esas inxustizas sociais. Fora do feito de que tñas máis ou menos probabilidades de acabar na cadea, a unica maneira, nestes casos e nos outros, de non ter adultos delincuentes é educar aos nenos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: