Galeguizámonos


Nun par de meses xa pasamos das mil visitas na paxiniña orixinaria, que estaba en castelán. Non é moito, pero é mais do esperado, sobretodo tendo en conta que as visitas tiveron lugar durante as vacacións escolares. De xeito que compre unha pequena remodelación antes de comezar o curso.

Ímos galeguizarnos. Pódense esgrimir varias razóns para facelo: que non se pode criticar que as institucións encargadas de conservar e preservar o idioma de Galicia se adiquen a súa persecución e ao mesmo tempo non dar exemplo, que é absurdo que as entradas estean en castelán e case tódolos comentarios en galego, que se patatín, que se patatán. Pero a causa principal é que non atopo ningunha razón para non facelo. E ben, sí, fastidiar un pouco tamén é un bo motivo.

Síntoo polos lectores de fora de Galicia (que sei que os hai), ós cales lles pido que fagan un esforciño: o galego non é una enfermidade mortal, e é doado de entender, pois é moi similar ao castelán. Ademáis, ler unha lingua distinta á propia e moi bo para o rego cerebral. Por suposto, pódense facer os comentarios na lingua que se quera: chega con que se entenda o que dín.

O meu dominio do galego é sensiblemente inferior ao meu dominio do castelán, de xeito que perderemos algo en estilo e sintaxe (que xa non era gran cousa) pero gañaremos algo en identidade.

As entradiñas anteriores quedarán case todas en castelán, unha lingua tan respetable como calquera outra (pero non máis). Aproveitamos tamén para cambiar o aspecto da páxina.

tanque

(unha foto tomada no suroeste de Inglaterra)

Advertisements

8 Comentarios

  1. iznogud el infame said,

    Agosto 25, 2009 ás 22:34

    ¡Menudo disgusto van levar os de “Jalisia Pilingui”!. Pero xa o diciía eu, que se pode esperar de tipos aos que lles da por pensar?.
    Pero non se faga ilusións, señor califa, seguimos asexando…

  2. como te digo una co said,

    Agosto 26, 2009 ás 00:59

    Xenial, nos tempos que corren paréceme necesario. De tódolos xeitos, que mágoa vivir nun mundo no que haxa que tomar partido por unha ou outra lingua.

  3. iesounonies said,

    Agosto 26, 2009 ás 10:32

    Creo que no se trata de tomar partido por una u otra lengua. Solamente un idiota “tomaría partido” por una lengua en contra de la otra. Con esto de Galicia Bilingüe hemos tenido el gusto de descubrir el tamaño aproximado que tiene la veta del paletismo en nuestro país. Hay que mirarlo por el lado bueno: leer los foros de Galicia Bilingüe, aunque dé grima, es revelador del grado de analfabetismo lingüístico que pulula por ahí. Conocer la enfermedad sirve para curarla.

    • iznogud el infame said,

      Agosto 26, 2009 ás 22:48

      …Debe ser por iso que non estudiei medicina

      • iesounonies said,

        Agosto 26, 2009 ás 23:17

        Pois vaite facendo un cursiño de primeiros auxilios, que tal e como van as cousas o imos necesitar, XD

  4. Baraka said,

    Agosto 28, 2009 ás 12:17

    Miiira ya está bien de imponer el gallego ehhh!!! Me justava más en castellano.
    ¿Por que no haces una encuesta para ver el idioma que prefieren los lectores?

    Firmado
    Jaliza Bilingue
    ;)

    • iesounonies said,

      Agosto 28, 2009 ás 13:08

      Olá, señor baraka! Encantado de velo por eiquí. Sexa benvido. O software de wordpress permite facer enquisas, pero non teño contemplado meterme nesas fonduras. Van vir tempos interesantes os próximos anos. Prodúceme unha enorme tristeza cómo se está poñendo a cousa: galegos pelexándose nun falso conflito, alentado por catro gatos e asumido por alguns máis… Cánta tolerancia lle queda a este país por asumir (enténdase país como Galicia, España, ou o que queira).

  5. A profa said,

    Xaneiro 18, 2010 ás 20:38

    Pois xa me tiña a min intrigada cando se producira o cambio no blog, parabéns pola decisión e ánimo que coa práctica o estilo e a sintaxe non se han resentir. Saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: