Os deberes na casa


Déixolles un artigo sobre os deberes na casa, enviado polo estimado lector V.

Esta vez a polémica non é se hai moitos ou poucos deberes, nen se os repaces non os fan ou reciben pouca un ningunha axuda. Esta vez o problema é que os pais axudan… demasiado.

“Los padres empezaron a involucrase hace más de una década. No solo por las medidas de conciliación familiar, también porque los padres de ahora tienen al menos estudios medios, algo de lo que no disfrutaron las generaciones anteriores”, explica la pedagoga Maite Rodríguez Estévez, que imparte cursos para educadores y terapeutas. “Eso ha hecho que la relación padre-hijo se escolarice. Lo que importa son los resultados académicos. Todo gira alrededor de esa necesidad y se ha olvidado el inculcar valores, el juego, la responsabilidad… No hay tiempo para otras cosas en las horas que pasan juntos”.

Ayudarle a hacer los deberes no es ayudarle. El País.

A cuestión dos seguros da Consellería


A Consellería de Educación ten contratado un seguro para os casos de roubos nos centros.

Se tramitas todo o papeleo, denuncia incluída, e trasladas todo o procedemento á Consellería te decatas co tempo dun pequeno detalle: o seguro págalle á Consellería pero a Consellería non lle paga ao centro. Moi amablemente explican dende a Consellería que a compensación para o centro é en especie (é dicir, en dotación de material). Claro que de material que eles deciden, non de material equivalente ao sustraído. E ese material que compensa o roubado non é específico, senon que vai metido no material habitual, de xeito que non se pode saber qué material é o que compensa o roubado e qué material o terían enviado incluso sen ter habido nengún roubo. Así, por exemplo, a ventá rota a paga o centro, a pechadura esnaquizada a paga o centro, o teclado sustraído o paga o centro. A compensación do seguro pérdese polos labirintos das contas públicas.

Nos centros onde os roubos son habituais (nos rurais de pouca antigüidade, deduzco, que son os que están alonxados dos centros das vilas, onde o solo era máis barato no momento de se construiren) esta situación resulta penosa, porque o montante dos roubos pode ascender a varios miles de euros anuais que nunca se recuperan. Non sei se sempre é así ou se ocorre noutros centros, pero no meu dende hai tempo eso é o que pasa.

Resultado: no meu centro os roubos non se comunican nen se denuncian. Aforras tempo, papeleo e preocupacións (por cada roubo hai que reunir teléfonos de testigos, atestados policiais, números de serie, datas de adquisición de aparellos, modelos e mil cousas máis). Seguimos os consellos da Inciclopedia.

Lei do mínimo esforzo: explicación gráfica.

« Older entries