artigo 12.3: En todas as áreas, materias ou módulos, agás nas sinaladas no parágrafo anterior [lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá] e nas materias de lingua(s) estranxeira(s), o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia. Non obstante o anterior, procurarase que o alumnado utilice a lingua en que se imparte a área, materia ou módulo. Fonte: Decreto Feijóo de plurilingüismo guay.
Non importa mermar (ainda mais) a autoridade docente. Todo sexa por erradicar todo ese galego que non estamos dispostos a soportar. En todo caso, que semelle un accidente.
iznogud el infame dixo,
Maio 25, 2010 ás 21:41
Profe, profe, me pones un positivo si te hablo en galego?.
Por certo, que o noso Sr Presidente non explica que é o que debemos facer cando falan castrapo. A cal dos dous idiomas os rediriximos?
iesounonies dixo,
Maio 26, 2010 ás 00:18
O caso é que con este decreto-lixo a Gloria Lago [Glory Lake], presidenta ignara de Galicia Pilingui, e profesora de inglés do Santo Tomé de Vigo, sí poderá obrigar a falar en inglés aos seus alumnos. Nós non.
Aiiii, estesdepartamentosdeinjléscantalatiñadannnn
K. Gregorovius dixo,
Maio 26, 2010 ás 15:13
Non entendo que ten de malo ese parágrafo do Decretazo, agás que esteas a falar especificamente de seccións bilingües.
iesounonies dixo,
Maio 26, 2010 ás 23:56
Quererás dicir trilingües…
K. Gregorovius dixo,
Maio 27, 2010 ás 00:53
Aquí chámanse así, eu non lle teño a culpa. Refírome a iso de dar materias nunha (unha) lingua estranxeira.
iesounonies dixo,
Maio 27, 2010 ás 08:42
O principio de “eu falo na clase na lingua que me peta” é un disparate, porque o que debe facer un rapaz é empregar, con carácter xeral, a lingua na que se imparte a materia, sexa cal sexa esa lingua. Por outra banda, esa prerrogativa é unha porta aberta á insubordinación e a provocación (podo cambiar de lingua no medio dun exame? o decreto non o prohibe!). Finalmente, ten como obxectivo que un rapaz, se quere, só teña que empregar o galego (ou o castelán, pero ese caso dubido que se dea), durante toda a súa escolarización, nunha soa asignatura. Non é un principio educativo (o que convertiría o falar nun acto escolar), senon un principio político (o que o convirte o falar, de facto, nunha toma de postura ideolóxica), emanado do programa lingüístico da FAES, como mostrarei outro día.
A elección de lingua de traballo na clase (ollo, porque ten que elexir entre dúas linguas, castelán o galego, logo a “imposición” continúa) é unha concesión á desgaleguización e á incompetencia en lingua galega. Podemos dicir que o noso timonel Feijóo e a súa fiel mascota, Anxo Lorenzo, veñen de inventar unha nova modalidade de inmersión lingüística: a inmersión con snorkel.
Queda o de “procurarase que o alumnado utilice a lingua en que se imparte a área”, que ben podería estar redactado do seguinte xeito: “é copmpetencia do profesor conseguír que o alumno sexa razoable, a pesares de teren uns dirixentes pailáns que lle animan ao contrario, e o profesor procurará resolver pola súa conta o problema que nós lle creamos”
É evidente que quen redactou ese párrafo non entrou na súa vida nunha aula para dar clase, nin ten pensado facelo.